Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Oleiros convoca as axudas para asistencia a comedores escolares para o curso 2022/2023


Convócanse as axudas para asistencia a comedores escolares xestionados pola ANPAS dos centros de ensino público de Oleiros para o curso 2022/23. O importe total da convocatoria deste curso ascende a 53.000 euros.

O obxectivo destas axudas é contribuír a que os fillos e fillas das familias con menos recursos económicos reciban unha alimentación e atención axeitadas mentres os seus pais e nais desenvolven a súa xornada laboral.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os representantes legais de alumnos e alumnas matriculados para o curso escolar 2022/2023 en centros de ensino público de Oleiros que conten con servizo de comedor xestionado por unha ANPA.

As persoas beneficiarias deberán estar empadroadas en Oleiros e ter obtido, no ano anterior ao da convocatoria, unha renda familiar “per cápita” igual ou inferior a 7.500 euros.

As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Centro Cultura “A Fábrica” (rúa do Inglés, núm. 13 – Perillo) ou a través da sede electrónica do Concello de Oleiros (www.oleiros.org) ata 30 de setembro de 2022.

As persoas interesadas en solicitar esta axuda poden atopar toda a documentación relacionada no apartado da Concellería de Ensino e Xuventude da páxina web ou no seguinte enlace:

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/c-ensino-e-xuventude/ensino/contidos?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=columna-1&p_p_col_count=2&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_assetId=10883387&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_urlTitle=convocatoria-de-axudas-para-asistentes-a-comedores-escolares&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2Fc-ensino-e-xuventude%2Fensino